A baralla do Prestige

A baralla que copiei está baseada na orixinal de ReseauVoltaire.net -é a traducida por Rebelion.org- sobor do goberno estadounidense. En tódolos paos e no total da baralla non están todos os que son, pero que sí son todos os que están, así como hai persoeiros -por exemplo, Cascos- que merecerían máis dunha carta para el soíño.

Cada pao define a un grupo de responsables, segundo a súa actividade -ou inactividade-, competencia -ou deberiamos dicir in-com-pe-ten-cia!-, ou responsabilidade:

- Corazóns: "cobertura" mediática -prensa, portavoces, etc.
- Diamantes: loxicamente, os cartos.
- Picas: o (des)goberno do estado e dirixentes do PP, máis coñecidos como "Missing in action".
- Trevos: o (des)goberno galego, máis coñecido como "os da cacería e 'o que diga Don Manoel'".
- Comodíns: baseados en casos reais.


Agora só tes que imprimir, recortalas cartas e xa tes diversión para todo o verán -e non me refiro a recoller chaPPaPPote das costas.
Gracias/Adicado a Man, ó pobo galego, a "Nunca máis" e, por suposto, ós voluntarios.


>>  Descarga A baralla do Prestige (.zip, 1,9 Mb, 54 ficheiros .jpg)
>>  Descargar no mirror de chemegochy.com (Obrigado ;-)


Non puiden conectar...

10.0.0.20aaa